viernes, 18 de enero de 2013

Presentación do documental "Fontes e lavadoiros no concello de Sada"

O vindeiro día 18 de xaneiro de 2013, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, estrearase o documental Fontes e lavadoiros no concello de Sada, realizado por Gallaecia Filmes, a produtora de audiovisuais que se creou no IES Isaac Díaz Pardo ao abeiro do Proxecto DCine. Trátase dun documental no que colaboran co seu testemuño veciños e veciñas de Sada. A asistencia a este acto é totalmente libre. Está pensado para que asistan as distintas comunidades educativas dos centros de ensino do concello e a cidadanía en xeral. A duración prevista do acto é de 45 minutos.

1 comentario:

  1. Me entere por María que ya no das clases, lo sentí mucho, y espero que todo se arregle.
    un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar