jueves, 15 de enero de 2015

A placa

Hai unhas semanas (xa case meses) o propietario da casa na que está a placa que lle dá nome a este blog atopounos. Hai xa tempo que non publicamos nada, agora pasamos o tempo na Memoria de Sada, pero isto sigue aquí (e seguirá). Se vos fixades na foto da portada, a placa ten algunha mancha de pintura, pois agora xa non, o dono da placa tomou a molestia de coller unha escaleira e limpala. E despois, ademais, avisounos de que xa podiamos poñer unha foto nova, limpa. A da portada decidín deixala así porque xa levamos anos con ela e téñolle cariño tal como está, con esas manchas de pintura, como a coñecín. Pero a cousa non podía quedar así, e un día achegueime por alí e tomei fotos da nova placa. Aquí as deixo como agradecemento polas molestias. Graciñas, de corazón, polas molestias e por avisar.

Hei dicir, que persoalmente é a praza que máis me gusta de Sada. Gústame volver, pasear por ela, mirar de reollo a placa e volver pola Tenencia.