jueves, 10 de noviembre de 2011

Revista mariñana

A comezos do século XX, entre 1925 e 1926, viron a luz en Sada 26 números da revista quincenal Mariñana. Nas páxinas desta publicación atopamos nomes tan destacados coma Lugrís Freire ou Antón Vilar Ponte entre outros. Artigos de costumes, novas, fotografías e debuxos da Galicia de entón, pequenas pezas de creación literaria e mesmo anuncios fan desta cabeceira unha obra de grande interese para curiosos e investigadores dos nosos días.

O Concello de Sada adquiriu en 2007 a colección completa da Revista Mariñana. Esta publicación ten un grande valor histórico e axúdanos a coñecer a sociedade mariñá da época, caracterizada por unha grande fervenza cultural e política. Ademais dunha importante fonte para o coñecemento da cultura local, a Revista Mariñana converteuse tamén en lugar de encontro de persoeiros consagrados da cultura e da política tanto comarcal como galega. De feito, nas súas páxinas habemos atopar as sinaturas do escritor e axente cultural local Manuel Lugrís Freire (con algún poema como Fontán, de claras reminiscencias sadenses) ou os artigos de Ramón Suárez Picallo.

En culturagalega.org fixéronlle unha entrevista moi interesante a Manuel Pérez Lorenzo, investigador da prensa local de Sada, onde fala da revista e o seu contexto cultural e social da época. Fala, entre outras cousas, de que a Revista Mariñana non foi a única publicación cultural da época, pero si a única da que se garda unha copia íntegra. Ou tamén que a primeira publicación de Ramón Suárez Picallo que ve a luz en Galicia se publica nesta revista enviado desde Arxentina. Recomendo escoitar a entrevista enteira na páxina de cultura galega.

Máis abaixo pódense ver os 26 números da revista, pinchando en cada unha delas. Son copias en formato PDF escaneadas a partir da única colección completa da que se ten constancia, propiedade do Concello de Sada.

Núm 1 (xaneiro 1925)

Núm 2 (xaneiro 1925)
Núm 3 (febreiro 1925)

Núm 4 (febreiro 1925)
Núm 5 (marzo 1925)
Núm 6 (marzo 1925)

Núm 7 (abril 1925)
Núm 8 (abril 1925)
Núm 9 (maio 1925)

Núm 10 (maio 1925)
Núm 11 (xuño 1925)
Núm 12 (xuño 1925)

Núm 13 (xullo 1925)
Núm 14 (xullo 1925)
Núm 15 (agosto 1925)

Núm 16 (agosto 1925)
Núm 17 (setembro 1925)
Núm 18 (setembro 1925)

Núm 19 (outubro 1925)
Núm 20 (outubro 1925)
Núm 21 (novembro 1925)

Núm 22 (novembro 1925)
Núm 23 (decembro 1925)
Núm 24 (decembro 1925)

Núm 25 (xaneiro 1926)
Núm extra (febreiro 1926)

Obtiven a información para redactar e publicar a revista na web do concello de Sada e na páxina culturagalega.org onde tamén se pode escoitar unha entrevista íntegra a Manuel Pérez Lorenzo, investigador da prensa local de Sada. Foi tamén de gran axuda a información proporcionada por Maruja e a A. C. Ramón Suárez Picallo. Gracias a todos eles.

7 comentarios:

  1. Te digo lo que pienso,estas revistas me parecen que son una verdadera maravilla, hay que darles el valor que tienen ya que es una suerte poder guardarlas con las muchas cosas que tengo de la Sada antigua, y tambien le doy el merito que tiene compartir esas cosas con nosotros como lo hizo Maruja, yo le doy mucho valor porque hay detraz el trabajo de personas que quieren la villa de Sada, un saludo y gracias a Maruja y tambien a ti, gracias a tu trabajo muchos disfrutaran de las revistas

    ResponderEliminar
  2. Estas revistas foron adquiridas polo Concello de Sada no sno 2007, creo recordar, a un sadense que tivo a delicadeza de gardalas como ouro en paño. En canto tiven coñecemento, ordenei a súa compra e encargamos a súa dixitalización para uso e disfrute de todos os sadenses.
    Os orixinais están, ou deberían estar ba Biblioteca Públia Ramón Suárez Picallo.
    É bo recordar estas cousas.
    Abel López Soto

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Unha dübida:

    Cómo funcionaba o asunto dos anuncios comerciáis na revista? Quero dicie: os diversos anunciantes que figuran en diferentes números da revista..., cómo contactaban e conseguían insertar os anuncios?

    Ghraciñas e un saúdo,

    Crisanto

    ResponderEliminar
  5. Ola Crisanto. Este blog témolo bastante abandoado, e tampouco estamos moi documentados ao respecto da Revista Mariñana, no seu momento puxémola aquí para que estivera (e siga estando) accesible a todo o mundo. Non sabemos responderche ao que preguntas, pero podes poñerte en contacto coa Asociación Ramón Suárez Picallo de Sada: http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/

    Eles publican na actualidade a revista Areal de gran calidade e para a cal están moi ben documentados. Na súa web está dispoñible en PDF así como outra moita documentación. Tamén teñen un correo electrónico de contacto que podes atopar na columna esquerda da súa páxina.

    Espero que che sexa de axuda.
    Un saúdo.
    Víctor.

    ResponderEliminar
  6. Excelente... Moitísimas ghrazas!!

    Contactarei con eles...

    Un saúdo,

    Crisanto

    ResponderEliminar