O outono témolo coma a estación triste: días curtos e escuros, pouca luz, choiva, vento e baixas temperaturas. Esta idea de triste poida que se deba ó contraste coa estación estival que xa rematou, a máis clara e calurosa. Sen embargo se ollamos o noso redor veremos tamén matices e cousas bonitas, diferentes ás do verán pero bonitas. Cousas que nos permiten valorar positivamente e de forma agradable esta época do ano; aínda máis se non comenzan os seus efectos moi pronto e bruscamente como así tivemos a sorte os últimos anos. No 2011 comenzou a notarse o outono aínda máis tardío.
En Sada chegou aínda máis tarde que noutras localidades, tanto que daba a sensación de que non quería comenzar o outono. Só se apreciaban ulgúns detalles na vexetación. Algúnhas árbores ían espíndose botando as follas no chan.
Así é que Sada, máis que unha vila galega parecían "as Canarias en Galicia". Digo parecían, porque vendo as temperaturas e a luz solar das últimas datas, non da lugar a envexas de ningures.
 |
Data (11 de novembro) |
 |
Hora |
 |
Temperatura |
Xa van aparecendo novas características: a choiva, o vento, as bandadas e trinos dos paxaros propio desta época do ano...
Non todo é triste, senón diferente, sobre todo o referente ao colorido. Pasando do amarelo ó ocre e todas as tonalidades ata o marrón, laranxa e vermello.
Se damos un paseo polos parques, polos sendeiros, polos campos ou polos montes teremos á nosa veira unha gran variedade de tonalidades para percibir. Ás veces non é preciso ir moi lonxe, preto de nós podemos ver nunha mesma árbore ou en dúas cercanas, gran diversidade de matices de cores.
Reflexión: Cada estación ten o seu encanto.