Hoxe, sorprendeume diante da aula escoitar a persoas manifestarse. Os típicos berros reivindicativos. Non sabía de que ía o tema, e sigo sen saber moi ben de que vai. Preguntei na aula e dixéronme que era unha manifestación contra os recortes no comedor e os autobuses do colexio de Sada. Busquei en Google pero non atopei nada, e tampouco nos periódicos. Sen moita máis información, un par de fotos do momento pasando por diante da Oficina da Xuventude. Manifestarse por manter e reclamar os nosos dereitos é un acto que todo cidadán debera facer.