Mostrando entradas con la etiqueta residir. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta residir. Mostrar todas las entradas

martes, 31 de enero de 2012

Cada un escolle onde vivir


Según contan, hai uns anos, en Mera tiñan na súa lagoa unha parella de cisnes. Pasado un tempo decidiron cambiar de lugar, pasaron pola beira de Sada, gustoulleles -como lle pasa a moita xente- e quedaron a morar aquí. Aquí estiveron uns días ata que se enteraron en Mera. Entón leváronnos de novo ó seu lugar de orixe, pero outra vez máis, os paxaros voltaron para Sada, alegrando coa súa beleza a mirada de tódolos paseantes.


Pasean en familia, pero tamén conviven con outras especies. Entre todos non teñen problemas de convivencia. Así o fan, durante o verán e o outono, pasean e deixanse ver preto do areal. Algúns días acércanse tamén á praia de Gandarío coma se fosen saúdar ós bañistas. Van en grupo, en parella, ou pasean e comen tamén sós a beira do río. Sempre en armonía con outras especies.




Descoñezo as veces que se intentou levalos, pero o certo é que coma animais libres que son teñen dereito a escoller o lugar onde queren residir ou asentarse, da mesma forma que o facemos os humano. Para saber cousas de cisnes pincha aquí ou fotos aquí. Tamén che pode interesar o ballet "el lago de los cisnes" de Tchaikovsky.

Moralexa/desexo: Aprendamos os humanos da convivencia destes animais e teñamos paz e armonía.