Según contan, hai uns anos, en Mera tiñan na súa lagoa unha parella de cisnes. Pasado un tempo decidiron cambiar de lugar, pasaron pola beira de Sada, gustoulleles -como lle pasa a moita xente- e quedaron a morar aquí. Aquí estiveron uns días ata que se enteraron en Mera. Entón leváronnos de novo ó seu lugar de orixe, pero outra vez máis, os paxaros voltaron para Sada, alegrando coa súa beleza a mirada de tódolos paseantes.
Pasean en familia, pero tamén conviven con outras especies. Entre todos non teñen problemas de convivencia. Así o fan, durante o verán e o outono, pasean e deixanse ver preto do areal. Algúns días acércanse tamén á praia de Gandarío coma se fosen saúdar ós bañistas. Van en grupo, en parella, ou pasean e comen tamén sós a beira do río. Sempre en armonía con outras especies.
Descoñezo as veces que se intentou levalos, pero o certo é que coma animais libres que son teñen dereito a escoller o lugar onde queren residir ou asentarse, da mesma forma que o facemos os humano. Para saber cousas de cisnes pincha aquí ou fotos aquí. Tamén che pode interesar o ballet "el lago de los cisnes" de Tchaikovsky.
Moralexa/desexo: Aprendamos os humanos da convivencia destes animais e teñamos paz e armonía.
ola, en mera,habia dous cisnes,un branco e outro negro, o negro non sei que pasou con el ,debeu ir pa irlanda, aque os de sada son ben bonitiños
ResponderEliminaros de mera non creo que foran pa sada, eu amo a sada porque lebo 40 anos pero tamen me tira mera, eu son de cabreira ,un sitio tranquilo ,cerca de sada da coruña e das praias.
Maricarmen.
Iago, eu tamén vivo moi cerca de Sada e encantame ver eses cisnes paseando polas nosas augas e deleitando a vista. Pareceme moi acertada a reflexión que fas o final tanto de que podamos elixir libremente onde vivir como o de convivir en paz non importando onde nin de que color sexas.
ResponderEliminarMari Carmen, falando de cisnes negros viñome a cabeza a película de "Cisne negro", é un pouco dura, pero faite reflexionar sobre o noso lado oscuro e sobre a imposibilidade da perfección. Os cisnes son preciosos, pero si recordamos o conto do "Patito feo", veremos que todo depende de que lado se mire.
Un saúdo a todos os que compartis en Praza da Pescaderia e en especial a Victor, e eu pola miña banda e ainda que non me desenvolva moi ben en galego, intentarei pasarme por aquí e deixar os meus comentarios.