Sadaenreda: o que xa fixemos

Antes deste blog tivemos outro, chamábase Sadaenreda (xa non está dispoñible), mentres estivo activo tamén fixémos cousas que deben ser recordadas. Quedan aquí recollidas, e para que non caian no esquecemento, deixo un resumo das máis destacadas. Pinchando en cada unha delas pódese ir á historia completa orixinal.

Memoria dos oficios
Memoria dos oficios é un proxecto que desenvolvimos no Centro de dinamización de Sada no verán do 2008. Nel participaron 7 persoas coa finalidade de recordar e recoller nun vídeo un oficio tradicional. Participou Raimundo que recordou como era o oficio de carpinteiro no que comezou co seu irmán. Jesús fala da construcción e como tivo que saír da casa en busca dun oficio. Magín ensinounos a facer bo viño como se facía cando era un rapaz. Menchu cóntanos como se introduciu no mundo da palillería. Inés recorda ao seu pai a través do seu oficio de hojalatero. María explicounos o oficio de tecelá da súa nai e como se ganaba a vida. E Mari Carmen relatou os acaeceres da vida do mar a través da experiencia do seu marido.

Sada no mapa
Coa iniciativa Sada no mapa comezamos nun obradoiro coa finalidade de aprender a manexar mapas interactivos na rede e aí surxiu a idea de facer un mapa de Sada no que ir recollendo os lugares de maior interese, facer unha foto e escribir un pequeno comentario persoal. Las cosas que me gustan de Sada é o mapa que fixo Stella. Tamén fixemos un proxecto no que recoller unha foto antiga de Sada e unha actual, podedes ver os mapas que fixeron Stella, Purificación ou Inés.

Protagonistas
Protagonista foi (é) cada unha das persoas que pasou (pasa) pola Rede de dinamización en Sada, que participou e participa nos cursos, que vén a aula ou escribe no blog. En protagonistas quixémos destacar a estas persoas facéndolles entrevistas, poñéndolle cara ás persoas. Durante o ano 2010 recollimos 12 entrevistas que agora non están dispoñibles porque xa non existe o anterior blog.

Letras galegas 2009
Para celebrar o día das Letras Galegas do ano 2009 pedímolle aos usuarios e usuarias do Centro de dinamización da SI de Sada que nos achegara un texto, poema, foto ou calquera cousa relacionada coas Letras Galegas. Todas as aportacións quedaron alí recollidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario