martes, 4 de octubre de 2011

Receita de cociña: Bica galega


A Bica galega é un postre tradicional de Galicia. Hai moitas formas de facela, e cada cociñeira seguro que ten os seus trucos para que sexa a máis rica de todas. Se buscades por internet podedes atopar varias receitas moi parecidas, pero como dixen, cada unha cosas súas cousas. Aquí podedes consultar unha receita e aquí outra. Esta é unha proposta de receita, a ver que vos parece.

Ingredientes para 4 persoas:

  • 500 gramos de azucre
  • 6 ovos
  • 250 gramos de fariña
  • 250 gramos de manteiga de vaca
  • 250 gramos de masa de pan (pode comprarse na panadaría)
  • 1 limón, a ralladura (optativa)
  • 40 gramos de azucre glasé

Instrucións de elaboración: Bátese ben a manteiga co azucre e engádense os ovos un a un sen deixar de bater para que se mesture ben. A continuación incorpórase a masa de pan xa fermentada ata que quede ben integrada. Por último engádese a fariña e a ralladura de limón. Ponse nun molde rectangular previamente engrasado e forrado de papel barba e espolvorease de azucre glasé. Cócese no forno a 180º durante unha hora aproximadamente. Para saber se está cocida pícase cunha agulla que debe saír limpa. Sacar do forno e deixar arrefriar antes de desmoldar. Pódese espolvorear, con azucre glasé, novamente para darlle un toque de cor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario