¡Ouh río, feitizado río,
que sempre que eu te vexo, en min espertas
meos tempos ledos e o relembro sagro
da miña edá primeira!
Non parece senón que antre os pregues
das tuás ondas, que mainas escorregan,
envolves o mellor da miña vida,
días de xolda e infancia rebuldeira,
pra ilo mergullando do pasado
no escuro mar sin fondo e sin orelas.
Ouh, cántas veces, cántas, indo á escola,
xoguéi coutras rapazas nas túas veiras
á panda, e á corda, e o escondite.
Fuxiron, si, pra sempre e máis non volven.
¡Cante, si inda volveran aqués días
e con eles outra vez tamén volvera
a ledicia da miña xente toda!
¡Anacos meos! ouir poidera.
Este texto lo saque de un libro antiguo, añadiendo algo de mis vivencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario