domingo, 13 de noviembre de 2011

Resistiuse, pero a Sada tamén chegou o outono

O outono témolo coma a estación triste: días curtos e escuros, pouca luz, choiva, vento e baixas temperaturas. Esta idea de triste poida que se deba ó contraste coa estación estival que xa rematou, a máis clara e calurosa. Sen embargo se ollamos o noso redor veremos tamén matices e cousas bonitas, diferentes ás do verán pero bonitas. Cousas que nos permiten valorar positivamente e de forma agradable esta época do ano; aínda máis se non comenzan os seus efectos moi pronto e bruscamente como así tivemos a sorte os últimos anos. No 2011 comenzou a notarse o outono aínda máis tardío.

En Sada chegou aínda máis tarde que noutras localidades, tanto que daba a sensación de que non quería comenzar o outono. Só se apreciaban ulgúns detalles na vexetación. Algúnhas árbores ían espíndose botando as follas no chan.



Así é que Sada, máis que unha vila galega parecían "as Canarias en Galicia". Digo parecían, porque vendo as temperaturas e a luz solar das últimas datas, non da lugar a envexas de ningures.

Data (11 de novembro)
Hora
Temperatura

Xa van aparecendo novas características: a choiva, o vento, as bandadas e trinos dos paxaros propio desta época do ano...



Non todo é triste, senón diferente, sobre todo o referente ao colorido. Pasando do amarelo ó ocre e todas as tonalidades ata o marrón, laranxa e vermello.

Se damos un paseo polos parques, polos sendeiros, polos campos ou polos montes teremos á nosa veira unha gran variedade de tonalidades para percibir. Ás veces non é preciso ir moi lonxe, preto de nós podemos ver nunha mesma árbore ou en dúas cercanas, gran diversidade de matices de cores.


Reflexión: Cada estación ten o seu encanto.

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Muy bonitas las fotos con los colores del otoño, me gusta el video de los pajaritos en el arbol,cuando los escucho les digo a mis nietos que estan acomodandose para ir adormir. un saludo

    ResponderEliminar