viernes, 27 de enero de 2012

Memoria dos oficios

Vou comezar con esta unha serie de entradas recordando cousas que xa fixeramos cando estabamos na outra aula e que moitos aínda non coñecedes. Pasaron xa case 3 anos dende que fixemos Memoria dos oficios, un proxecto que desenvolvimos na antiga aula, cando aínda se chamaba Rede de dinamización, no verán de 2009. Nel participaron 7 persoas coa finalidade de recordar e recoller nun vídeo un oficio tradicional. Raimundo recordou como era o oficio de carpinteiro no que comezou co seu irmán. Jesús fala da construcción e como tivo que saír da casa en busca dun oficio. Magín ensinounos a facer bo viño, como se facía cando era un rapaz. Menchu cóntanos como se introduciu no mundo da palillería. Inés recorda ao seu pai a través do seu oficio de hojalatero. María explicounos o oficio de tecelá da súa nai e como se ganaba a vida. E Mari Carmen relatou os acaeceres da vida do mar a través da experiencia do seu marido.

Cada un dos vídeos está realizado íntegramente por eles, cada un redactou a historia que conta no vídeo, recolleu fotografías e imaxes propias para ilustrar o seu oficio, engadiu a narración coa súa propia voz. Tamén foi cada un deles o que elexiu a música que ambienta a súa historia. E despois de todo iso, cada un deles xuntou todo para facer o vídeo final que podedes ver máis abaixo, un traballo que levou o seu tempo pero que se viu recompensado.

Participantes. De pé, de esquerda a dereita: Lucía, Inés, Menchu, María, Remedios e Jesús. Agachados: Raimundo, Víctor e Magín. Falta Mari Carmen, non estaba ese día.

Os vídeos que eles fixeron recordando os oficios tradicionais son os seguintes:

Inés Silva, "Lembranzas dun hojalatero" [ver en YouTube]:



Jesús Francos, "Saíndo da casa en busca de algo" [ver en YouTube]:


Magín Sánchez, "Maneira de facer bo viño" [ver en YouTube]:


María Romero, "Memorias dunha tecelá" [ver en YouTube]:


Mari Carmen García, "Historia dun mariñeiro" [ver en YouTube]:


Menchu Rey, "Unha palilleira tardía" [ver en YouTube]:


Raimundo López, "Peripecias dun carpinteiro" [ver en YouTube]:


E durante o proceso de creación dos vídeos fixemos fotos para deixar constancia do proceso, de todos eses momentos seleccionamos algúns e sacamos o "Así se fixo Memoria dos oficios en Sada" [ver en YouTube]:

No hay comentarios:

Publicar un comentario