lunes, 25 de junio de 2012

As primeiras bañeiras en Sada

As primeiras bañeiras en Sada
A comenzos do século 20 e endenantes, viñan a Sada as bañeiras nos primeiros días do vran, en perfeuta ringleira en carruaxes tirados por cabalos. Viñan tomar ús baños en percura de facer ben ó reumatismo e outros doores.

Traguían con iles: ovos, xamón, chourizos, touciño e pan de millo ou centeo, para nove días. Os baños tiñan que sere un após de outros, sin esquencer un, chovese ou fixera sol, nove días, nove baños.

As casas de moitas familias de Sada combertiase en pousadas das bañeiras; as cociñas eran pra todos. Pola noite, estraban palla ou folla de mainzo no chan, ia dormir todos xuntos.

Na praia, cando tiñan que poñerse espidas, xuntábanse unhas a outras e, cunha sáboa, tapándose namentras ían polo bañador que, a máis das vegadas, era un saco dos da fariña con tres buxeiros na cueira, o buxeiro da metá servía para meter a cabeza, e polos currunchos os brazos. Abofé era unha peza xeitosa e folgadiña. Algunha que era algo costureira, facíalle o saco un ribete por tódalas veiras,duns coores chameantes.

Póla noite, aturuxos, cónchegas, pandeirada e, ademáis baile de organillo. Coas bañeiras, adeprendemos a bailar tódolos nenos daqueles tempos. Villalba, Guitiriz, Parga, Rábela, Sobrado, Aranga, Coiros e outros pobos eran donde viñan.

Sacado dun libro "AS PRIMEIRAS BAÑEIRAS EN SADA", tal e como o escribiu Emilio Santos.

2 comentarios:

  1. Me gustó las Bañeiras. Es una pena que no tengamos unas frotos viéndolas bañar, seguro que sería u8n acontecimiento, porque cuanto más se tapaban más enseñaban

    ResponderEliminar
  2. Seria estupendo conseguir esa fotos, nosotros lo tenemos en la mente, pero con la foto quedaría en el recuerdo para los más jovenes.

    ResponderEliminar