martes, 31 de enero de 2012

Cada un escolle onde vivir


Según contan, hai uns anos, en Mera tiñan na súa lagoa unha parella de cisnes. Pasado un tempo decidiron cambiar de lugar, pasaron pola beira de Sada, gustoulleles -como lle pasa a moita xente- e quedaron a morar aquí. Aquí estiveron uns días ata que se enteraron en Mera. Entón leváronnos de novo ó seu lugar de orixe, pero outra vez máis, os paxaros voltaron para Sada, alegrando coa súa beleza a mirada de tódolos paseantes.


Pasean en familia, pero tamén conviven con outras especies. Entre todos non teñen problemas de convivencia. Así o fan, durante o verán e o outono, pasean e deixanse ver preto do areal. Algúns días acércanse tamén á praia de Gandarío coma se fosen saúdar ós bañistas. Van en grupo, en parella, ou pasean e comen tamén sós a beira do río. Sempre en armonía con outras especies.




Descoñezo as veces que se intentou levalos, pero o certo é que coma animais libres que son teñen dereito a escoller o lugar onde queren residir ou asentarse, da mesma forma que o facemos os humano. Para saber cousas de cisnes pincha aquí ou fotos aquí. Tamén che pode interesar o ballet "el lago de los cisnes" de Tchaikovsky.

Moralexa/desexo: Aprendamos os humanos da convivencia destes animais e teñamos paz e armonía.

2 comentarios:

  1. ola, en mera,habia dous cisnes,un branco e outro negro, o negro non sei que pasou con el ,debeu ir pa irlanda, aque os de sada son ben bonitiños
    os de mera non creo que foran pa sada, eu amo a sada porque lebo 40 anos pero tamen me tira mera, eu son de cabreira ,un sitio tranquilo ,cerca de sada da coruña e das praias.
    Maricarmen.

    ResponderEliminar
  2. Iago, eu tamén vivo moi cerca de Sada e encantame ver eses cisnes paseando polas nosas augas e deleitando a vista. Pareceme moi acertada a reflexión que fas o final tanto de que podamos elixir libremente onde vivir como o de convivir en paz non importando onde nin de que color sexas.
    Mari Carmen, falando de cisnes negros viñome a cabeza a película de "Cisne negro", é un pouco dura, pero faite reflexionar sobre o noso lado oscuro e sobre a imposibilidade da perfección. Os cisnes son preciosos, pero si recordamos o conto do "Patito feo", veremos que todo depende de que lado se mire.
    Un saúdo a todos os que compartis en Praza da Pescaderia e en especial a Victor, e eu pola miña banda e ainda que non me desenvolva moi ben en galego, intentarei pasarme por aquí e deixar os meus comentarios.

    ResponderEliminar