lunes, 6 de febrero de 2012

Sada no mapa

Sada no mapa é outra desas cousas que xa fixemos hai anos na aula anterior. Comezamos en un curso de mapas interactivos na rede e aí surxiu a idea de recoller en un mapa os lugares de maior interese de Sada, facer unha foto, poñer un breve comentario e compartilo no mapa. O resultado podédelo ver máis abaixo. Son catro mapas feitos por Inés, Puri e Stella. Outros mapas quedaron a medio camiño por falta de tempo.

Para velos, pinchade no mapa que queirades e apareceravos a pantalla completa. Unha vez que se abriu o mapa, á esquerda da pantalla aparecerá un listado dos lugares que se sinalaron, pinchando en cada un deles abrirase un cuadradiño no mapa onde se poderá ver a foto e o comentario.

Las cosas que me gustan de Sada é un mapa feito por Stella. Foi un gran traballo de documentación e percorrer Sada facendo as fotos. Pinchade no mapa para velo, merece a pena.


Nos seguintes mapas pódese comparar a evolución de Sada no tempo. Por unha banda hai fotos antigas de Sada e fixemos fotos actuais do mesmo lugar para comparar a evolución. Este non é un só mapa, o traballo foi feito por varias persoas, polo que as fotos están divididas en cada un dos mapas que vos poño máis abaixo. Podes ver as fotos todas que utilizamos para os mapas aquí todas xuntas. Os mapas son os seguintes:



2 comentarios:

  1. Muy interesante todo lo que haceis en Sada, cuanto trabajais! Enhorabuena!

    ResponderEliminar
  2. Caray pero que cosas más chulas haceis. Buen trabajo!!!!

    ResponderEliminar