sábado, 11 de agosto de 2012

A Costureira

Fonte da imaxe: estilo-in-diferente.com
As ferramentas dunha costureira: unha máquina de man, (se na casa non tiña máquina) tesoira, xaboncillo, cinta métrica e un canuto con agullas e alfileres.

Ser costureira nun pobo, era un privilexio para aquela que o fora. A costureira era unha moza a quen os mozos fitaban como algo bo. O ser mozo dunha costureira facía dar língua a algunha comadre criticona sinalando o camiño do casoiro. Non todas se casaron, algunha quedou para vestir santos, pois chea de fachenda polos remilgos que os mozos coitadiños lles facían, elas medraban e algunha mirou por enriba do hombro a algún mariñeiro, que de boa fe e bos sentimentos achegouse elas. Cando ían polas casas, había que facer algo bo, porque estaba na casa a costureira. O mesmo facía vestidos para as mulleres que traxes para os cativos, en véspera de festa cueiras e perneiras nos calzóns dos homes, fundas dos cabezales e colchóns, botar pezas nas sabas, zurcir e rematar todo o rachado.

De verdade que as amas de casa, o día cunha costureira entra pola porta, era día de festa.

1 comentario:

  1. Que lindo recuerdo mi madre antes de ir para Argentina fue costurera que iba por las casas con una tía que le enseño a coser,y que la tenia muy controladita, siempre me contaba cosas como las que tu cuentas y que llevaba la maquina en la cabeza, mira si me trae recuerdos que los últimos días de su vida su mente retrocedió a ese tiempo me hablaba de telas y cosas que había vivido cuando cosía, me gusta mucho lo que escribiste yo lo sabia pero cuantas personas ni se imaginan como se vivía en esos tiempos, te envió un saludo

    ResponderEliminar